Dentro da programación, as proxeccións máis destacadas durante o mes de novembro atópanse dentro do ciclo de Matías Piñeiro, do ciclo de xéneros mutantes, do cine ante a violencia de xénero e os habituais Fora de Serie, Off Galicia e CGAI Júnior.

*Ciclo MATÍAS PIÑEIRO /CARTA BRANCA. O cineasta arxentino (Buenos Aires, 1982) recibe Carta Branca para escoller materiais cos que ten afinidade ou puntos de identificación. Proxeccións (presentadas por el mesmo) das súas películas A PROPÓSITO DE BUENOS AIRES (2006), EL HOMBRE ROBADO (2007), TODOS MIENTEN (2009) e ROSALINDA (2011). E Carta Branca cos títulos propostos por el: SÉRAIL (1976) de Eduardo de Gregorio, OTRA VUELTA (2005) de Santiago Palavecino, INVERNADERO (2010) de Gonzalo Castro e CASTRO (2009) de Alejo Moguillansky.    


*Ciclo XÉNEROS MUTANTES, en colaboración co Festival de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Cantabria. Este mes pases de RUBBER de Quentin Dupieux e VALHALLA RISING de Nicolas Winding.


*POR UNHA NOVA MIRADA. O CINE ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO. O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha condena e acción contra todo atentado cara a dignidade, integridade e liberdade das mulleres. Motivado por esta efeméride e en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, plantéxase un ciclo breve pero ben significativo: DOMESTIC VIOLENCE e DOMESTIC VIOLENCE 2 de Frederick Wiseman; a estrea de TYRANNOSAUR  de Paddy Considine e GRBAVICA  de Jasmina Sbanic.


*FÓRA DE SERIE. Inauguramos o proxector 2K cun servidor estándar DCP (Digital Cinema Package) de proxección dixital con títulos clásicos restaurados en copias de calidade impecable. Comezamos coas dúas primeiras (populares e multipremiadas) pezas melodramáticas en torno á familia Corleone, a saga d’EL PADRINO, orquestada por Francis Ford Coppola, e a segunda película de Terrence Malick, DÍAS DEL CIELO, autor de plena actualidade pola súa longametraxe El árbol de la vida.  

 
*OFF GALICIA. 5 pezas audiovisuais de Galicieiras e David carballal, os Premios Social Cine 2011 do Concello da Coruña e a homenaxe a Valle-Inclán coa proxección  de SONATAS  (1959) de Juan Antonio Bardem.

 
*CGAI JÚNIOR. CUENTOS RUSOS (1964-1980).

 

Tedes toda a programación no arquivo adxunto.