Xa están listos os diplomas do curso de Inglés Audiovisual, organizado pola Fundación AISGE, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual. As clases celebráronse entre os meses de abril e xullo, na sede do Consorcio, e foron impartidas por David Willingham, profesor de Lingua Teórica Inglesa (gramática, vocabulario, análise textual e composición inglesa). “O grupo era bastante animado e participativo, o que sempre axudaba moito nas actividades”, comenta David. Segundo o profesor, foi positivo o feito de que os alumnos non tivesen medo de cometer erros. “Iso é moi importante á hora de aprender un idioma ou de incrementar vocabulario”, afirma. Para el, non houbo problema en ter na mesma clase persoas con distintos niveis de inglés, pois todos axudábanse durante os exercizos.

O animador Fran Barcia Pedreira, da produtora Kabusha, participou no curso e está de acordo con David Willingham. “Pareceume moi ben que houbera varios niveis, así aprendemos xon quen sabe máis e tamén cos erros de quén sabe menos”, conta.

María Maceiras, do departamento de produción de Adivina Producciones, tamén rematou o curso contenta. “As actividades prácticas foron moi ben”, dixo. “Creo que estaría mellor se houbésemos traballado un pouco máis de gramática, pero en xeral gustoume”.

Os alumnos de A Coruña poden recoller os seus diplomas na oficina da Academia Galega do Audiovisual a partires do día 16 de agosto. Os demais alumnos pódenos recoller na sede do Consorcio Audiovisual de Galicia, en Santiago.