AS ENTRADAS PARA O MUSICAL ‘GALICIA CANÍBAL’ Á VENDA DENDE MAÑÁ

14 / 06 / 2012

A conta atrás para a esperada estrea de Galicia Caníbal O Musical, o espectáculo que revive a música galega da década dos 80, non se detén e mañán 15 de xullo poñeranse á venda as entradas anticipadas para Galicia e Madrid. As localidades para a xira en Galicia poderanse adquirir a través do teléfono 902 504 500 ou vía on line dende as páxinas www.servinova.com ewww.obrasocialncg.com.

As localidades para Madrid poderanse adquirir a través do teléfono 902 400 222/ www.elcorteinglés.es e na web www.entradas.com 902 488 488 Galicia Caníbal. O Musical obra de coreografía e cancións ideada por Antón Reixa, configura unha historia que nos transportará a unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos, os anos 80.

No espectáculo soarán éxitos como Bailaré sobre tu tumba, (Siniestro Total); Sitio distinto, Sector naval e a inexcusable Galicia Caníbal (Os Resentidos); Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes (Golpes Bajos); No me beses en los labios e Soy una punk (Aerolíneas Federales), entre outros.

Estrella Galicia presenta unha produción de Filmanova Invest e Estrella Galicia en coprodución con Agadic (Xunta de Galicia). A obra continuará a xira en setembro en Madrid (Nuevo Teatro Alcalá), antes de voltar en decembro a terras galegas. En 2013 esperase a estrea en Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Santander, entre outras cidades.

Calendario verán 2012:

VIGO (12 ao 15 de de xullo, Centro Cultural Novacaixagalicia)

SANTIAGO (18 ao 21 de xullo, Auditorio de Galicia)

VILAGARCÍA DE AROUSA (2 ao 5 de agosto, Auditorio Municipal)

A CORUÑA (9 ao 12 de agosto, Teatro Colón)

MADRID (previas do 23 ao 31 de agosto) 1 de setembro a 28 de outubro, Nuevo Teatro Alcalá

Categoría: Novas
Etiquetas: