21 EDICIÓN SPANISH CINEMA NOW! EXHIBIRÁ ARRUGAS

29 / 11 / 2012

O próximo día 7 de decembro arrinca a vixésimo primeira edición de Spanish Cinema Now! no Lincoln Center de Nova York. A mostra, que se prolongará ata o día 16 de decembro, recolle unha selección de 18 películas e algunhas curtametraxes que expoñen unha ampla visión do cine español máis actual. A mostra inaugúrase o mesmo día 7 de decembro e ademais renderá tributo a Luís Buñuel cunha retrospectiva.

O ICAA coorganiza co Lincoln Center e o Instituto Cervantes de Nova York esta Mostra moi prestixiosa que, desde fai xa 21 anos, pretende mostrar ano tras ano trazar o pulso  creativo do cine español e converterse nun escaparate para Norteamérica da efervescencia, riqueza e variedade de xéneros que se dan  na actualidade en España.

Así, o vindeiro domingo 16 de decembro exhibirase Arrugas, continuando coa súa viaxe polo mundo. Páxina web de información da Mostra 2012:

http://www.filmlinc.com/films/series/spanish-cinema-now-2012

Categoría: Novas
Etiquetas: