Unha longa documental sobre os 18 días de revolución en Exipto que provocaron a caída de Ben Alí será a encargada de inaugurar as “Lunas de Amal”. O escenario de proxección será a Galería Caroní da Fundación Araguaney, na Rúa do Vilar 21. Un encontro co  cine euroárabe en Santiago de Compostela grazas ao Festival Amal.

As lúas surxen para achegar a cultura árabe aos espectadores ao longo do ano. Por iso, os últimos luns de cada mes, o Festival Amal exhibirá algunha das películas que participaron en anteriores edicións. Nas seguintes citas coas “Lunas de Amal”, que están previstas para os luns 26 de marzo, 30 de sbril, 28 de maio e 25 de xuño, será o público quen vote pola película que quere ver. A organización dará a elixir entre 3 posibles títulos, e os espectadores poderán votar polo seu favorito na web www.festivalamal.es. O film que teña máis votos será o que se exhiba.

 

“ERHAL. DIARIO DE LA PLAZA TAHRIR” 

DIRECTOR: Marc Almodóvar

ANO: 2011

NACIONALIDADE: España

DURACIÓN: 55 min

 

SINOPSE

Crónica dende dentro dos 18 días de revolución en Exipto que provocaron o pasado 14 de xaneiro a caída dun dos dictadores máis estables de Oriente Próximo: Ben Alí.  O pobo, reclamando liberdade e xusticia social, rompeu a barreira do medo, saíu á rúa e iniciou unha revolta que sacudiría ao mundo enteiro.