N-VI, DOCUMENTAL DE PELA DEL ÁLAMO GAÑA O PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL ALCANCES

1 / 10 / 2012

O documental N-VI, do realizador compostelano Pela del Álamo, recibiu dous premios no Festival Alcances de Cádiz, o Premio do Público e a Mención Especial do Xurado.

O realizador desta peza asegurou sentirse ampliamente satisfeito por estos galardóns, que se suman a grande acollida da cinta nos certámenes de cine de toda España. “Estou especialmente contento porque é a primeira vez que N-VI é premiada e, ademáis, por partida dobre”, indicou o realizador, quen explicou que “este recoñecemento constata que tanto público coma xurado disfrutaron coa película”.

Categoría: Novas
Etiquetas: