DIES DEI DE NANI MATOS SELECCIONADA PARA O FESTIVAL DE CINE SOLIDARIO DE GUADALAJARA

28 / 08 / 2009

A curtametraxe Dies Dei de Nani Matos foi seleccionada para o FESCIGU 09 dentro da sección de Cine Comprometido dirixido a obras audiovisuales cun marcado enfoque social e reivindicativo. Debido a crise, este ano o festival recortou as seccións de anteriores anos. 

Esta curta contou cunha axuda da Consellería de Cultura e Deporte para a producción de curtametraxes no apartado de creadores individuais e conta como protagonistas a Xan Cejudo e Mela Casal, nun reparto de luxo onde tamén participan Camila Bossa, Susana Dans ou Luis Iglesia entre outros. 

A historia que se conta en “Dies Dei” é unha historia intimista, de sentimentos encontrados e entrelazados, de como transcorre a vida dunha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermidades … 

Gravada integramente na localidade da Guarda, estreouse o 30 de maio no mesmo lugar, tendo unha gran acollida por parte do público e os medios.

Categoría: Novas
Etiquetas: