“DICTADO”, DE ANTONIO CHAVARRÍAS, COMEZA A RODARSE

21 / 10 / 2010

O 4 de outubro arrancou a rodaxe en 35mm de “Dictado”, un thriller psicolóxico que dirixe Antonio Chavarrías e produce na empresa que el mesmo comanda, Oberón Cinematográfica, e Continental Producciones. A filmación desenvolverase durante setes emanas: seis en Barcelona e unha en Galicia.

 

 “Dictado”, cuxo guión escribiu o propio Chavarrías e que constitúe a súa sétima película coma director, xira en torno a unha nena orfa acollida por una parella na que o homes e sinte desprazado. Os protagonistas serán Juan Diego Botto, Bárbara Lennie e a nena, Mágica Pérez. O reparto complétano Nora Navas, Agata Roca, Marc Rodríguez e Monti Castiñeiras.

 

Para este novo proxecto, Chavarrías conta con Guillermo Granillo e Albert Pascual como directores de fotografía, Isaac P. Racine como director artístico, Daniel Fontrodona coma encargado do son directo, Josep Amorós como director de produción. Javier Navarrete comporá a música mentres que Frank Gutiérrez será o encargado do montaxe. O filme prodúceo a empresa catalana Oberón Cinematográfica, en coproducción coa galega Continental Producciones.

Categoría: Novas
Etiquetas: