Dentro do ciclo “Os Imperdibles” (as películas que non podíamos perder), mañá mércores día 23 ás 18.00, 20.30h e 23.00h proxéctase “Declaración de guerra” de Valèrie Donzelli.

La guerre est déclarée (Francia 2011), dir. Valérie Donzelli

100 min, V.O.S.c.

Abriu a Quincena dos Realizadores en Cannes 2011 e foi inmediatamente coronada coma a raíña do certame pola crítica especializada. Logrouno a actriz e directora Valérie Donzelli coa súa segunda longametraxe, a guerra de Romeo e de Juliétte contra a enfermidade do seu fillo.