CURSOS E OBRADOIROS CULTURAIS NO MACUF

18 / 10 / 2013

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa programou de outubro a decembro un curso de montaxe creativa e de son. Os prazos de inscricións están abertos.

Re-Cut 2: Montaxe Creativa

Impartido por: Tonecho Otero

Venres de 19.00 a 21.00 horas
Parte I do 8 ao 29 de novembro de 2013.
Parte II do 13 de decembro de 2013 ao 3 de xaneiro de 2014
A primeira parte do curso realiza un percorrido e análise da evolución do cine dende o punto de vista da montaxe. Analizaremos en profundidade diversas películas. Tamén repasaremos os tipos de montaxe clásicos e nocións de linguaxe cinematográfica. A segunda parte será práctica. Ensinaremos a utilizar o software de edición de vídeo OpenShot (libre e de código aberto) que funciona sobre Linux, Mac e Windows. Ademais realizaremos creacións audiovisuais con “metraxe encontrada” (found-footage) de dominio público ou coas nosas propias gravacións.

 

Taller de síntese de son

Impartido por: Andrés Satué (Lendrone)

Sábados de 17.30 a 20.30 horas
Do 9 ao 23 de novembro de 2013
O obxectivo do taller é aprender a modificar os sons do teu sintetizador hardware ou software da mellor forma posible, entendendo todos os procedementos para poder obter o maior rendemento nas túas producións.

Categoría: Novas
Etiquetas: