CURSO SOBRE A “CANONIZACIÓN DO MERCADO INMATERIAL” NA USC

26 / 06 / 2008

Comprácenos informarlle da celebración do curso “A canonización do mercado inmaterial. A mercantilización do coñecemento”, que terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, do 14 ao 18 de xullo.

Baixo a dirección do profesor de Ecnonomía Aplicada da USC Oscar Rodil, o programa inclúe a participación de diversos expertos galegos e do resto do estado, que tratarán sobre cuestións como propiedade intelectual e conflito social, o mercado dos bens culturais, a mercantilización dos productos informáticos e o software libre, os retos e desafíos da sociedade da información, etc.

A duración do curso é de 30 horas e será convalidable por dous créditos de libre configuración para os estudantes das Universidades galegas. O período de matrícula remata o próximo 4 de xullo. A estes efectos pódese consultar a páxina web http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm.

Categoría: Novas
Etiquetas: