A actividade proposta é un curso de posta en escea, destinado aos actores e aos directores, que desexen perfeccionarse na dirección, coa adquisición de técnicas e dunha profunda reflexión práctica sobre a posta en escea. O curso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con AGADIC.

Joel Beddows é un brillante director canadense francófono, que vive na provincia de Ontario, con ampla experiencia profesional, que dirixiu un teatro importante (A Catapulte, Ottawa), que obtivo numerosos premios. É ademais profesor e director do Departamento de Teatro da universidade de Ottawa, e é autor dunha ampla obra teórica.

É un director, que ao aspecto creativo une unha profunda reflexión dramatúrxica, teórica e histórica, e que posúe a rara capacidade de explicar con claridade a relación entre a práctica e a teoría e a historia do teatro, aplicándoa a unha práctica escénica inmediata.

Contido do curso:

O curso articularase en torno a dúas nocións paradoxalmente asociadas no proceso creador de calquera director: os límites e a libertade.

En efecto, o director contemporáneo vese obrigado a repasar o seu concepto de límite en función dunha serie de realidades – a miúdo fora do seu control – propias a cada proxecto ou a cada contexto de creación. Que se trate dun límite material, técnico, financieiro, espacial ou artístico, o director vese confrontado a unha serie de fenómenos percibidos como obstáculos no seu proceso creador ou ata as razóns de abandonar un proxecto.

Este curso propoñerá, nun primeiro momento, unha serie de exercicios prácticos que terán como obxectivo inverter esta lóxica e demostrar en que medida o espírito creador permite xustamente ver neses límites ocasións para os artistas de renovar o seu discurso artístico, ou ata a súa relación coa práctica. Nunha orde de ideas semellante pero nunha lóxica puramente estética, os artistas que participarán neste curso, deberán reflexionar e poñer en práctica como a partir dunha linguaxe artística – os versos, as diferentes formas prosaicas, o anuario de teléfono, etc.- crear unha linguaxe escénica.

Nun terceiro momento, os exercicios conducirán os participantes a comprender en que medida a súa propia relación coa práctica é un límite do que se poden liberar, en que medida a súa práctica se defíne tanto polo compromiso cun pensamento persoal ou cun procedemento  formal, como coa súa ruptura e o seu cuestionamento. Os participantes serán invitados a ver en que medida a súa práctica é un laboratorio: o seu!

Para iso, os participantes deberán ler, antes do principio do curso, Le testament (O testamento) de Michel Ouellette (obra de ciencia ficción), Les aveugles (Os cegos) de Maurice Maeterlinck (obra simbolista), e Visage de feu (Cara de lume) de Marius von Mayenburg (obra decadente), – obras que lles serán remitidas tras a inscrición no curso: así mesmo deberán memorizar un poema contemporáneo da súa elección de polo menos oito versos.

O curso impartiráse en castelán ou en galego.

Os participantes no curso obterán un diploma da Universidade de Santiago de Compostela.

Datas de prescrición: do 24/11/2014 ao 28/11/2014.

Lugar de prescrición: Secretaría do departamento de Filoloxía Francesa e Italiana. Facultade de Filoloxía. Tel. 881811840 Despacho: 326. De 9h a 14h.

Email: luis.lorenzo@si.usc.es

Datas de matrícula: do 1/12/2014 ao 12/12/2014.

Datas de realización do curso: do 12/01/2015 ao 23/01/2015.

Horario de luns a venres: 10h-14h; 15h-18h (70 horas).

Custo da matrícula: 100 euros.