CURSO DE “PRODUCIÓN MUSICAL.MESTURA” A CARGO DE ANXO BAUTISTA

14 / 10 / 2010

Este venres 22 de outubro, ás 16.00 horas, comeza o curso “Produción Musical. Mestura”, impartido por Anxo Bautista, en ARTeria Noroeste (Santiago de Compostela).

O curso de 20 horas terá lugar entre os días 22 e 30 de outubro, e o alumno poderá levar temas propios en pistas separadas para aprender a mesturalo a través de claves básicas de volume, ecualización, dinámica, reverberación e outros efectos.  

Proximamente terá tamén lugar en ARTeria Noroeste o curso de “Vídeo dixital. Xestión e edición”, con Rubén García, “Curso de Produción de Eventos”, con Pilar Beato, “Guión e narrativa audiovisual” con Pablo Portero ou “Avid Media Composer. Avanzado” con David Pardo.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: