CURSO DE LECTURAS DRAMATIZADAS DE ARTERIA NOROESTE

24 / 04 / 2009

ARTeria Noroeste anuncia a celebración dunha sesión do seu ciclo de lecturas dramatizadas. Nesta ocasión o título é “Historia da chuvia que cae todos os días”, de Roberto Salgueiro, XVI Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.

Sinopse

En momentos de crise persoal pódense timar decisións que cremos que nos levan lonxe dos problemas. Pero se o conflito esá en nós, viaxa connosco. O noso protagonista pasa por un mal momento e só o amor e o cariño van facer que vexa as cousas na súa verdadeira dimensión.

Interpretan:

Xosé Lois Bernal “Farruco”, Toni Salgado, Estíbaliz Veiga, Josi Iage e Roberto Leal.

Técnico de luces:

Alfonso Castro

Dirixe:

César Cambeiro

 

Categoría: Novas
Etiquetas: