CURSO DE ARTERIA NOROESTE SOBRE TECNOLOXÍA AUDIOVISUAL

17 / 09 / 2009

Dentro do seu programa de actividades para o mes de setembro, Arteria Noroeste celebra un curso de tecnoloxía audiovisualo que arrinca o vindeiro luns, día 21.

Actividade e datas:

Luns, 21, ás 18:00 h.

ARTENET. “Tecnoloxía audiovisual”. Este curso aborda os principios da física e a electrónica necesarios para entende-lo funcionamento dos equipos audiovisuais actuais, incluíndo tamén efectos e edición. As clases, impartidas por Joaquín Riera, desenvolveranse do 21 ao 24 de setembro ao longo de 16 horas.

Máis información e inscricións: 981.569183 / gnieves@sgae.es.

SGAE/ARTERIA Noroeste
Santiago de Compostela

Categoría: Novas
Etiquetas: