Os días 26 e 29 de novembro e 4 de decembro, de 19.00 a 21.00, terá lugar un obradoiro de autoprodución de contidos audiovisuais en A Coruña.

O obxectivo deste curso é poñer a disposición dos creativos os recursos e plantexamentos máis innovadores e profesionais para asegurarse, na medida do posible, que o proxecto chega a bo porto. Así, o curso está dirixido a todos aqueles que plantexan auto-producir de maneira profesional unha obra audiovisual, sexa unha curtametraxe, videoclip, webserie, formato de ficción ou documental ou calquera outro proxecto audiovisual.

Máis información no programa adxunto.