CURSO DE ACTUACIÓN DIANTE DA CÁMARA

27 / 10 / 2011

Este taller  ten como obxetivo facer que cada alumno/a aprenda a aplicar as súas cualidades interpretativas ao código audiovisual obtendo o máximo proveito das posibilidades expresivas que este medio ofrece: o primeiro plano, a fragmentación, a descontinuidade dramática, etc. Cun carácter práctico, traballaranse escenas e secuencias de diferentes códigos audiovisuais (dende a secuencia televisiva a escena fílmica) e faranse múltiples prácticas gravadas coa intención de que alumno perda medo á cámara e se familiarice coa linguaxe propia do medio: o concepto de raccord, as marcas de acción, o retome, a lectura e desglose emocional dun guión, enfrontarse ao casting, a escoita, etc.

1ª opción

TALLER REGULAR

de novembro a xuño

Día: venres

Horario: de 16 a 18h

prezo: 70 euros/mes

 

2ª opción

TALLER INTENSIVO

Nª de horas: 24

6 clases de 4 horas /clase

durante 2 semanas

3 días/semana (seguidos) os días fixaranse en función da elección dos alumnos

prezo: 180 euros

 

3ª opción

TALLER INTENSIVO

Nª de horas: 48

12 clases de 4 horas /clase

durante 4 semanas

3 días/semana (seguidos) os días fixaranse en función da elección dos alumnos

prezo: 280 euros

 

Categoría: Novas
Etiquetas: