CRTVG DA POR CONCLUIDO O SEU PROCESO DE SANEAMENTO FINANCIEIRO

23 / 02 / 2012

A Compañía de Radiotelevisión de Galicia deu por concluido o seu proceso de saneamento financieiro, segundo sinalou onte, 22 de febreiro, na Comisión de Control da CRTVG no Parlamento galego, o director xeral do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen tamén destacou unha reducción do endebedamento, en valores absolutos, de 28,7 millones de euros nos últimos tres exercicios.

De acordo cos datos facilitados polo director xeral da CRTVG, en resposta a unha pregunta do deputado popular Agustín Baamonde, a intensa política de saneamento aplicada dende a súa chegada ao ente público foi firme e constante. A secuencia analizada para o período 2008-2011 pon de manifesto unha evolución moi positiva, de forma que a débeda coas entidades financieiras pasou dos 32,3 millones de euros no 2008 a 3,6 millones de euros ao peche do exercicio de 2011, o que supón unha reducción de case o 89%. “Estes tres millóns nunha empresa cun presuposto de 118 millones, significan que estamos nos niveles básicos para operacións corrientes de financiamento dos pagos ordinarios do ente público, ou dito de outra maneira, significan que, na práctica, a política de endebedamento é agora inexistente na CRTVG”, explicou.

Neste senso, Sánchez Izquierdo afirmou na súa comparecencia que a Compañía de Radiotelevisión de Galicia atópase nas mellores condicións crediticias para abordar a súa transformación societaria na nova Corporación de Radio Televisión de Galicia, según establece a Lei de Medios Públicos Audiovisuales de Galicia. O máximo responsable dos medios públicos galegos destacou ademais que a xestión financieira levada a cabo nos 26 anos de vida do ente público galego foi en xeral prudente, e que os niveis de débeda existentes cando se fizo cargo da Dirección Xeral non se podían considerar preocupantes en relación cas dimensións económicas da CRTVG.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: