CRISTÓBAL ARTEAGA RODA EN GALICIA A SÚA ÓPERA PRIMA, FARO SIN ISLA

26 / 10 / 2011

Dende o 4 de outubro estase rodando en Galicia, con Red One, Faro sin isla, a ópera prima de Cristóbal Arteaga, que producen a productora española Intricate Productions, a costarricense Third World Media (3WM) e aa chilena Freire TV. A filmación desta historia que fala da busca como camiño insaciable cara o autocoñecemento, terá lugar no cabo Home durante cinco semanas. Faro sin isla, cuxo guión escribiu o propio Cristóbal Arteaga, un xove cineasta chileno afincado en España, conta a historia de Félix Bacigalupo, interpretado polo galego Lois Soaxe, home de fe e mecánico mariño, que, ao ser abandonado pola súa muller repentinamente, decide recluírse no faro dunha illa para redimir as súas culpas. Os seus días avanzan entre a rutina, a soidade e a penitencia. A súa fe vese posta a proba cando descubra que Deus non só o abandonou, senón que ademais comeza a xogar con el. Entón deberá elixir se se somete ou se revela, e aceptar as consecuencias. Aínda que Soaxe é o gran protagonista, tamén figuran no elenco, en pequenos papeis, Uxía Blanco, Nico Romero e Mariano Soto.

Para o que será o seu debut como longametraxista, Cristóbal Arteaga está contando no equipo técnico con Alejandro Ronda como director de fotografía, Gloria Hernández como directora de arte, Eduardo Zamora a fronte do son directo e o montaxe, e Elsa León como directora de producción. A música será de Erico Caruso. El filme Faro sin isla prodúceno a empresa española Intricate Productions, aa costarricense Third World Media (3WM), e a chilena Freire TV, e os produtores do proxecto son Pere Crusafón, Eduardo Zamora e Gabriela Planella.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: