CONVOCATORIA PARA O CATÁLOGO DE PROGRAMACIÓN SPAIN TV EXPO 2008

12 / 03 / 2008

O ICEX, en colaboración con FAPAE, anuncia a convocatoria para participar no Catálogo de Programación para América, Spain TV Expo 2008. Este catálogo recollerá a oferta audiovisual española con dereitos dispoñibles para o continente americano. A súa primeira edición lanzouse durante o pasado Spain TV Expo e distribuíuse no NATPE 08.
A data límite para participar nesta convocatoria é o vindeiro 31 de marzo e toda a documentación requirida debe enviarse a info@ocean-comm.net á atención de Diego Umbert.

Máis información: Consorcio Audiovisual de Galicia, telf. 981 957 182, e-mail: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org

Categoría: Novas
Etiquetas: