CONVOCADA A IV MOSTRA INTERNACIONAL DE CIENCIA E CINEMA DE A CORUÑA

15 / 06 / 2011

Do 24 ao 28 de outubro terá lugar en A Coruña a IV Mostra Internacional de Ciencia e Cinema, organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC) e o Concello, con diversas colaboracións. O seu eixo central será un certame de filmes e documentais científicos, cuxa convocatoria está aberta.

A sección oficial a concurso da IV Mostra Internacional de Ciencia e Cinema de A Coruña poderán concorrer traballos que traten sobre calquera aspecto ou tema relacionado coas ciencias (puras ou formais, aplicadas e sociais ou humanas, na división tradicional) e que foron producidos a partir do 1 de xaneiro de 2010. Valorarase sobre todo a calidade e a orixinalidade das obras presentadas, ao marxe da súa temática, duración e características técnicas, e non se establece ningunha restricción en canto á procedencia ou á lingua empregadas. As prezas deberán presentarse en idioma orixinal aínda que, se este non é o galego ou o español, deberán incluír subtítulos nun de ditos idiomas, portugués ou inglés. Para a preselección é preciso enviar unha copia da obra en DVD xunto á ficha de inscrición debidamente cumprimentada e firmada. Cada director e produtor poderá presentar a concurso cantas películas desexe, pero cada unha coa súa ficha. No caso de series ou programas de TV, só poderán participar un capítulo en representación do conxunto. O prazo de presentación finaliza o 26 de xuño, aínda que para os documentais galegos amplíase ata o 29 de xullo.

Unha comisión formada por membros da entidade organizadora seleccionará as pezas que conformarán á sección oficial e competirán polos premios da Mostra. Todas as obras finalistas recibirán unha pequena compensación económica pola súa participación, que non se detalla. Ditos traballos deberanse enviar posteriormente no seu formato de proxección definitivo, e acompañarse de material promocional. Un xurado formado por profesionais de diferentes ámbitos elixirá o documental gañador do Gran Premio da Mostra, dotado con 2000 euros. Tamén poderá destacar con mencións honoríficas outras películas ou aspectos puntuais das mesmas. Por outra parte, un xurado formado por estudiantes de secundaria e bachiller determinará un Premio da Xuventude, dotado con 1000 euros. As bases completas poden atoparse na web www.cienciaecinema.org. Más información tamén no correo electrónico info@cienciaecinema.org.

Categoría: Novas
Etiquetas: