Pedro Tendero, director da asesoría xurídica de Boomerang TV, e Sergio Moure, compositor musical, estarán os vindeiros días no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O vindeiro mércores 9, o compositor Sergio Moure impartirá unha masterclass sobre bandas sonoras na que explicará o porqué da música e o proceso de composición; así como o rol do compositor no audiovisual.

Moure traballou en cine e televisión. Destacan as súas creacións en películas como Somos Gente Honrada, Tesis sobre un homicidio, El Cuerpo, Todo es silencio, Lobos de Arga, Secuestrados o Retornos. O seu último proxecto é a banda sonora da película Welcome to Harmony producida por Vaca Films.

Pedro Tendero, pola súa banda, estará o xoves 10 no MPXA para explicar as claves da propiedade intelectual e analizar as entidades de xestión colectiva. Ademais, falará dos dereitos sobre os formatos audiovisuales. Durante a xornada, os alumnos analizarán contratos tipo.

Tendero traballou durante catro anos na asesoría xurídica do Grupo Antena 3 Televisión como responsable da area de contencioso e, posteriormente, como subdirector do departamento e responsable da area de contratación e contidos. No 2001 incorporouse á empresa SZENA do Grupo Admira (Telefónica) como director da asesoría xurídica e, en 2007, comenzou a traballar en Boomerang TV como director da asesoría xurídica do grupo.