O vindeiro 15 de novembro remata o prazo para participar na V edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar en marzo de 2009 na cidade fronteiriza.
A organización do festival invita a participar a todos aqueles realizadores e/o productoras que posuan os dereitos ds obras que inscriban, sendo a convocatoria para películas documentais de calquer duración, temática e nacionalidade, producidas despois do 1 de xaneiro de 2007.

O festival fai un especial chamamento aos realizadores e produtoras de Galicia, xa que entre os seus principais obxectivos atópase, a promoción e difusión do documental galego, ao que se lle dá unha especial relevancia dentro da programación.

Como en anos anteriores, o festival contará cunha sección oficial a concurso e unha sección informativa non competitiva, así como unha serie de eventos paralelos en estreita relación aos contidos do festival, como son as charlas, clases maxistrais, exposicións ou os concertos de Play-Doc, sen dúbida unha das propostas máis chamativas do certame tudense.

Todos aqueles interesados en participar deberán presentar os seus traballos antes do 15 de novembro de 2008. Para máis información consultar bases e ficha de inscrición, dispoñibles na web do festival www.play-doc.com