Continental Games e Costa Oeste presenta este martes 29 de decembro en Santiago de Compostela IMotion Comic, un innovador formato de comic dixital para Iphone e Ipod Touch que incorpora animacións, opcións de idioma, banda sonora, efectos especiais e todos os recursos necesarios para facer evolucionar ao comic tradicional a un novo formato multimedia.

O primeiro dos comics que se distribuirán será Quotidiania Delirante, tendo adaptado 3 das máis de 40 historias que compoñen a popular obra do artista galego Miguelanxo Prado, que se distribuirá a máis de 70 países en exclusiva a través de AppStore.
 
Á presentación asistirán, Pancho Casal , presidente do Grupo Continental, Carlos Fernández, director da  área de videoxogos de Continental y o artista galego Miguelanxo Prado.
 
IMotion Comic é unha produción de Continental Games e Costa Oeste que conta coa colaboración de Paralaxe e Alia3D y co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.