CONTIDOS PARA CATÁLOGO DA CAIXIÑA DOS MISTOS 2011

10 / 03 / 2011

Ábrese a convocatoria para recibir contidos infantís para este festival itinerante de curtametraxes dentro dunha caravana máxica. O prazo remata o 21 de abril. A Caixiña dos Mistos é una sala de proxección de contidos audiovisuais infantís dentro dunha caravana. Comezou a súa viaxe en maio de 2009 e desde entón non deixou de percorrer as vilas e cidades galegas.  Deste xeito ofrécese un novo soporte de exhibición para este tipo de contidos, innovador e próximo ao  público infantil ata 14 anos. A Caixiña dos Mistos achegouse ao longo destes dous anos de andaina a un total de 120 localidades galegas, compartindo entretemento e aprendizaxe con máis de 20.000 cativos.

Esta sala de cinema itinerante ten previsto incorporar atractivas novidades para a nova tempada 2011, ampliando o ámbito territorial para chegar a vilas e cidades fóra da nosa comunidade autónoma.

Categoría: Novas
Etiquetas: