Novas Medias, Perfís Profesionais, Contidos, Cadea de Valor, Industrias Culturais e Patrimonio Histórico, son as seis áreas definidas, coas súas correspondentes temáticas, para dotar de contidos ó II Congreso Galego do Audiovisual, segundo acordou hoxe 1 de xuño o Comité Organizador do Congreso. NOVAS MEDIAS, PERFÍS PROFESINAIS, CONTIDOS, CADEA DE VALOR, INDUSTRIAS CULTURAIS E PATRIMONIO HISTÓRICO: SEIS TEMAS PARA O CONGRESO AUDIOVISUAL

O Cté Organizador fixou a estructura, contidos e ctés de expertos para afrontar este importante reto para o sector

O Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual, acordou hoxe martes 1 de xuño fixa-los cimentos a partir dos que se dará corpo a este Congreso, que nesta segunda edición, terá unha transcendencia internacional tanto polos relatores convidados, como pola temática que nel se tratará.

Esta temática é, precisamente, un dos temas que foron aprobados hoxe no Comité Organizador. Unhas áreas que ó seu tempo, conlevan unha serie de temáticas que se abordarán no decurso do congreso. Novas Medias é unha das áreas, que abrangue temas como: multimedia, Tv dixital, vídeo baixo demanda, soportes telemáticos, Tv interactiva, vídeoxogos e novos formatos: realidade virtual, 3D. Perfís Profesionais é outra das áreas, con temas a desenvolver como: estudios e cualificacións, demanda de especialidades, formación profesional, estado da formación en Galicia, acordo de Bolonia, Escola de Arte Dramática Galega, Escola de Cine e Escola de Animación. Contidos é a terceira destas áreas, con: contidos para novos formatos de emisión, coproduccións, contidos en língua galega, tendencias de mercado e vídeoxogos. Cadea de valor, con dereito de propiedade intelectual, rexistro de producción, piratería, negocios derivados da rede, financiamento, venda e distribución, merchandising e promoción, é a cuarta área. Industrias culturais abrangue temas como: outros modelos, relación ADM-Empresa, relación entre as industrias culturais, mercados, comercialización, financiamento e clúster, Asociacións profesionais; e por último, o Patrimonio Histórico, integrada por temas como patrimonio histórico, modelos de Francia e Irlanda, posta en valor, filmotecas, recuperación da memoria históorica e dixitalización e difusión. Áreas e temas de fonda transcendencia e, de seguro, de fondo debate dada a situación que atravesa o sector audioviosual, non só en Galicia, senón no conxunto da Unión Europea.

Cada unha destas áreas, conta cun Comité de Expertos que coordinará o proceso de selección de relatores e todo canto atinxe ás ponencias. En Industrias Culturais, este Comité está composto por Ramón Domínguez, que será o coordinador do mesmo, Rodrigo Romaní, Xosé A. Perozo, Víctor Freixanes e Tucho Calvo. A área de Patrimonio Audiovisual serán os expertos Miguel Anxo Fernández, coordinador do Comité, Luís Hueso, Manolo González, Xosé Henrique Acuña e Eduardo García Mantilla.

O Comité de Contidos, ten como coordinadores do mesmo a Carlos Carballo e a Hernique Rivadulla, sendo os demais integrantes Pancho Casal, Antón Reixa, Pere Roca, David Martínez e Manuel Ríos. A área de Cadea de valor ten a Manolo Gómez (Presidente da Academia Galega do Audiovisual) e a Nacho Varela (xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia) como coordinadores, e o resto dos integrantes son Primitivo Rodríguez, Camilo Tarrazón, Natividad Ascoz, Javier Vasallo, Pedro Pérez, José Lorenzo e Enrique González Macho. Coordinará o Comité de Novas Medias Luís Hernández, e Beatriz Legerén, Manuel Gago, Xabier Alcalá, Gilberto Sánchez e José María Lastra, son o resto dos compoñentes. Por último, Perfís Profeisonais ten como coordinador do Comité a Xaime Fandiño, e acompañarano Fernando Méndez-Leite, Manuel Cristóbal, José Búa, Ángel Cordero e José Luis Mira.

Cómpre dicir que cada área temática estará coordinada por membros do Comité Executivo e Comité Organizativo do Congreso. Estes foron quen propuxeron unha serie de profesionais que compoñen o Comité Científico ou de Expertos, coa misión de coordinar cada un dos paneis, seleccionar ós relatores e avalia-las comunicacións existentes en cada momento.

Este II Congreso Galego do Audiovisual está patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual), o Xacobeo 2004, a entidade Caixanova e o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Lembrar tamén que este Congreso ten como Presidente de Honor ó Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga. O Presidente do mesmo será o Conselleiro de Cultura, Turismo e Comunicación Social, D. Xesús Varela. Pola súa parte, é o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez o que ocupa a Presidencia do Comité Organizador e a dirección deste importante evento. Existe un Comité Organizador, integrado por 24 representantes de entidades, asociacións e organismos que configuran o conxunto do sector audiovisual, un Comité Executivo, integrado por sete representantes do Comité Organizador, e un Comité de Programa, integrado por profesionais de cada área.