CONFERENCIA E PRESENTACIÓN DE LIBRO NO COMEZO DE CURSO DA ESCOLA DE IMAXE E SON

16 / 09 / 2013

A escola de Imaxe e Son da Coruña (a EIS) inicia as súas actividades formativas hoxe luns 16 de setembro.Como acto de acollida aos novos alumnos e as persoas interesadas, haberá unha clase maxistral impartida pola prestixiosa script: Encarna Alonso, e o director de cine: Carlos Amil, que tratará sobre todo o que rodea a eses (esas) profesionais do cine ou das series televisivas.

A EIS tamén presenta, no acto dese día, unha nova publicación, o nº 9 dos cadernos monográficos audiovisuais denominados “cadernos da EIS”. O título deste novo libro é: “O oficio de script”, dos autores : Encarna Alonso e Carlos Amil. A conferencia será ás 12:00h, con entrada libre e de balde.

A Escola de Imaxe e Son da Coruña contou para este novo curso que empeza hoxe luns 16, con unha elevadísima demanda de solicitudes de matriculación, o que provoca que haia listaxes de espera na procura dunha praza, xa que chegaron a ser case 2500 instancias as que solicitaban cursar algunhas das cinco especialidades do audiovisual que se imparten neste prestixioso centro coruñés.

As especialidades que se poden cursar son: Ciclo superior de Realización de audiovisuais e espectáculos, Ciclo superior de Son para audiovisuais e espectáculos, Ciclo superior de Iluminación, captación e tratamento da imaxe, Produción de audiovisuais e espectáculos e o ciclo superior de Animación 3d, xogos e contornos interactivos.

A Escola de Imaxe e son é un centro público que oferta estudios oficiais en réxime ordinario (horario de mañás), réxime modular ( horario vespertino) e tamén en modalidade a distancia.

Categoría: Novas
Etiquetas: