CONCURSO DE GUIÓNS COMPOSTELA PLATÓ DO VI FESTIVAL CURTOCIRCUITO

3 / 09 / 2009

O Concurso de Guións Compostela Plató do VI Festival Curtocircuito de Santiago de Compostela está en marcha. O prazo de entrega dos guións orixinais está aberto ata o día 15 deste mes de Setembro.

No caso de ter un traballo inédito, ou de estar rematando algún, a organización do Compostela Plató invita a enviar unha copia para participar no concurso.

O gañador terá a oportunidade de ver producido o seu guión. Para ler as bases e obter máis información pódese consultar a web www.curtocircuito.org   

Categoría: Novas
Etiquetas: