CONCERTOS NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS PLAY-DOC

27 / 02 / 2008

Un ano máis, o Festival Play-doc de Tui vai un pouco máis aló da proxección de documentais. Especialmente na sección de docs de música, na que os organizadores tratan de traer aos protagonistas dos documentais presentados para que actúen en directo.

Na actual edición que terá lugar do 12 ao 16 de marzo haberá concertos moi especiais. Entre eles e como primicia, destaca o de The Rosenberg Trio (venres 14 de marzo na Sala Metropol Tui).
Esta banda xitana holandesa acompaña ao documental Jimmy Rosenberg: “O pai, o fillo e o talento”, preciosa película que narra a historia de Jimmy, unha das grandes promesas musicais do século XX, un neno prodixio cun futuro prometedor ata que as cousas empezaron a torcerse…

Outro concerto será o de “Jimmy cando era só un neno”. Os amantes da boa música non poden perderse este concerto. O máis exquisito Swing Jazz dos herdeiros de Django Reinhardt… Sean Pean como en “Acuerdos y Desacuerdos” perdería o control ao escoitalos.

Finalmente, intervirá “Rosenberg Trio fai non moito…”

Para máis información, consultar a web do festival, www.play-doc.com

Categoría: Novas
Etiquetas: