COMPETICIÓN DE WEBSERIES DO CARBALLO INTERPLAY

22 / 12 / 2014

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay que terá lugar os días 16, 17 e 18 de Abril do ano 2015 abre o prazo para inscribir webseries a competición.

Poderán presentarse a concurso aquelas webseries producidas entre os anos 2013-2015 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición. Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.

As webseries que desexen participar poderán inscribirse ata o 2 de Marzo de 2015 a través do formulario online na páxina web do festival.

Toda a info na súa páxina web.

Categoría: Novas
Etiquetas: