Na última asemblea da Academia Galega do Audiovisual, celebrada o pasado 27 de marzo, a Xunta Directiva anunciou que se crearía unha comisión que propuxera unhas novas bases reguladoras dos Premios Mestre Mateo. Esta comisión traballará durante todo o mes de setembro para que en outubro as teñamos preparadas.

Convidámos a todos os socios a participar na citada comisión, que estará integrada por dez profesionais representativos de cada unha das especialidades que figuran nos nosos estatutos (Produción, Dirección, Escritores Audiovisuais, Interpretación, Arte, Promoción, Fotografía, Música, Son e Posprodución).

Quedamos á espera dos vosos correos, que confirmen a vosa dispoñibilidade. Anunciar que será un traballo duro pero necesario para os Premios Mestre Mateo 2004 e sucesivos.

Recibide un saúdo.