A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual convoca a XI edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, que presenta unhas bases remodeladas e cargadas de novidades.

Entre os cambios realizados, cabe destacar a unificación dos criterios a cumprir polas producións participantes, a unificación ou eliminación de categorías e cambios no sistema de votación na primeira rolda onde se elixen os nomeados.

Estas non son as únicas novidades xa que a Academia tamén adiantou as datas de inscrición. O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto dende hoxe, día 5 de novembro, ata o vindeiro venres, 23 de novembro. Pódense descarga-los formularios de inscrición e anexos na columna da esquerda, no apartado Actividades – XI Premios Mestre Mateo.

Dende a Academia Galega do Audiovisual animamos a tódolos creadores e produtoras a participar nesta nova edición dos Premios Mestre Mateo e así, entre todos, contribuír á posta en valor dos nosos profesionais e as nosas obras.

Podedes seguir as novas dos Premios en Facebook ou en Twitter @AcademiaGalegaA.