COMEZA A PROGRAMACIÓN DE XANEIRO NO CINECLUBE PADRE FEIJOO CON NOVIDADES

15 / 01 / 2014

Este mércores día 15 haberá unha sesión especial con Entreparadas, de Toño Chouza, ás 18, 20.30 e 23h no Salón de Actos da Biblioteca Nodal de Ourense.

O 2014 comeza con dúas importantes novidades no Cineclube: asinarase  un convenio co CGAI, e xa está asinado a colaboración co Festival AMAL para proxectar os filmes premiados; serán os luns (de balde este mes), nas chamadas «sesións de Filmoteca», as 20:30 e 23 h.

Prégase máxima. Sinalar tamén que, debido ás melloras na instalación que se implementaron durante o Nadal, redúcese o aforo a tan só 112 butacas por sesión.

Sesión especial “Entreparadas”. Un filme de Toño Chouza o mércores 15 de xaneiro de 2014 ás 18, 20.30 e 23h.

Sesións de filmoteca: gañadores do festival Euroárabe AMAL. Os luns de xaneiro de balde, os días 20 e 27 ás 20.30 e 23h.

Máis información en http://cineclubepf.blogspot.com.es/2014/01/sesions-de-filmoteca.html

Categoría: Novas
Etiquetas: