COMEZA A 8ª MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

30 / 05 / 2013

O vindeiro martes 4 de xuño, dá comezo a 8º edición da Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego. As produccións galegas xunto a películas internacionais enchen un programa no que tamén hai sitio para o cine antigo.

A Mostra que xa vai pola oitava edición é un proxecto orientado á promoción e divulgación deste tipo de cine, sobre todo do realizado en Galicia, pero mostrando tamén o que se fai noutros lugares do mundo. Este ano contamos con películas de Perú, Suiza ou Italia.

O acto inaugural, que vai ser o xoves 6 de xuño, contará coa proxección  A cidade e o campo de Carlos Velo e Gutiérrez Mantilla, película do ano 1934, que se pode proxectar grazas a colaboración co CGAI.  Outra colaboración que enriquece a Mostra é a establecida, desde o seu inicio, co Festival Internacional de Cine Documental Etnográfico de Sobrarbe Espiello,que celebrou a súa décima edición esta primavera e do que se van proxectar na Mostra as películas premiadas. Tamén o Cineclube de Compostela e o Museo do Pobo unen forzas ao redor do cine e o mércores 12, ás 21h30, haberá unha sesión  paralela á Mostra no Pichel( Sta. Clara, 21) espazo habitual das actividades do Cineclube.


Categoría: Novas
Etiquetas: