Ramón Campos, produtor executivo de “Desaparecida”, impartirá clases de guión no MPXA (Máster en Produción e Xestión Audiovisual) o venres 16 e o luns 19 de novembro. Este guionista e produtor executivo desenvolveu a súa carreira fundamentalmente en Galicia en produtoras como Voz Audiovisual, Filmanova ou Continental . Escribiu series como “A Vida por Diante”, “As leis de Celanova”,”Diario dun skin” e “Secuestrados en Georgia”.
Na actualidade é Produtor Executivo en Ganga Producións, produtora de series como “Cuéntame”, onde desenvolve a serie “Desaparecida”, un drama realista que conta os sentimentos que se cruzan nunha familia cando desaparece un dos seus membros. O drama familiar e as tramas de investigación policial son a clave na liña argumental desta serie que está conseguindo notable éxito.