CICA ABORDA A COMERCIALIZACIÓN DO FORMATO DOCUMENTAL NO MERCADO INTERNACIONAL E AS CARACTERÍSTICAS DO MERCADO AMERICANO DE TELEVISIÓN

2 / 01 / 2009

A Directora de Distribución Internacional de Plural Entertainment, Elena Mera, estará o vindeiro venres 13 de febreiro no Curso de Posgrado en Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA) para explicar as características do mercado internacional do documental.
No transcurso desta xornada, dará conta das novas vías de comercialización deste formato, así como das estratexias de procura de coproductores internacionais.

O sábado 14 de febreiro CICA contará coa presenza do responsable de Compras de Produción Allea da Sexta, Sergio Ramos, quen explicará aos alumnos como funciona o mercado americano de televisión. Ramos é especialista na planificación estratéxica e distribución do mercado de cine e televisión.

Categoría: Novas
Etiquetas: