O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta esta semana, a partires de mañá martes 10 de maio a chamada Triloxía de Yusuf. O Oso de Ouro en Berlín para Miel (2010) do turco Semih Kaplanoglu supuxo o final da narración da triloxía –con cronoloxía invertida- da vida dun home, Yusuf, que ofrecemos tal e como a concibiu o seu director.

MARTES 10 DE MAIO (18.00 e 20.45 horas)
YUMURTA / HUEVO   
(Turquía, 2007)
Dirección: Semih Kaplanoglu. Guión: Semih Kaplanoglu e Orçun Köksal. Produción: Inkas Film & TV Productions, Kaplan Film e PPV Athens. Fotografía: Özgür Eken. Intérpretes: Nejat Isler, Saadet Aksoy. Duración: 93 minutos.
Estreada na Quincena de Realizadores de Cannes, primera parte da Triloxía de Yusuf. Ao morir a súa nai, e despois de anos de ausencia, o poeta Yusuf regresa á cidade onde creceu. Unha moza chamada Ayla espera nunha casa medio derruida. Poderá Yusuf enfrontarse ao sentimento de culpa que lle invade logo do enterro? Todo o que Yusuf quixo deixar atrás hai anos, semella agora maravilloso.

XOVES 12 DE MAIO (18.00 e 20.45 horas)    
SÜT / LECHE  
(Turquía-Francia-Alemaña, 2008)
Dirección: Semih Kaplanoglu. Guión: Semih Kaplanoglu. Produción: Kaplan Film, Arizona Films e Heimatfilm. Fotografía: Özgür Eken. Intérpretes: Melih Selcuk, Basak Köklükaya. Duración: 100 minutos.
Yusuf, recén graduado no instituto, ve o seu futuro incerto. A súa grande paixón é escribir poesía. Comeza a publicar en revistas literarias e traballa na leitería que leva a súa nai viúva. O feito de que a súa nai teña un amante e de que o declaren non apto para o servizo militar fai que desexe o paso á idade adulta. Estreada en Venecia.  

VENRES 13 DE MAIO (18.00 e 20.45 horas)
BAL / MIEL  
(Turquía-Alemaña, 2010)
Dirección: Semih Kaplanoglu.. Guión: Semih Kaplanoglu e Orçun Köksal. Produción: Kaplan Film e Heimatfilm. Fotografía: Baris Ozbicer. Intérpretes: Bora Altas, Erdal Besikçioglu. Duración: 100 minutos.
Oso de Ouro en Berlín 2010 e fin da Triloxía (cronoloxicamente inversa) da vida de Yusuf. Yusuf é fillo único e vive cos seus pais nunha illada nun lugar montañoso. O bosque é o espazo do misterio e a revelación. A marcha do pai por traballo e o desasosego na vida cotián levan a Yusuf a partir na procura do seu pai.