O CGAI PROXECTA ESTE SÁBADO DÚAS CURTAMETRAXES DE GUILLERMO ARIAS-CARBAJAL

11 / 10 / 2012

O Centro Galego de Artes da proxecta este sábado día 13 de outubro (18.00 horas), dentro da sección Off Galicia, dúas curtametraxes recentes (…lipsis e  Suicidio lamprea) de Guillermo Arias-Carbajal, autor de pezas xa proxectadas na filmoteca, como Del mismo Oslo ou El poema el cuadro el disco, Presididas sempre por un persoal sentido do humor e a dimensión (auto)reflexiva. A sesión será presentada polo propio Guillermo Arias, con encontro posterior co público. A entrada é de balde.     …LIPSIS   

(España, 2011)
Dirección: Guillermo Arias-Carbajal. Guión: Chisco&Guille. Produción: TuperiaPelículas. Fotografía: Héctor Bao. Intérpretes: César Cambeiro. Duración: 15 minutos.  
No medio da desolación, o camiño que escolle o protagonista á felicidade pasa por simultanear práctica rutina e imaxinativa tenrura.

SUICIDIO LAMPREA    
(España, 2012)
Dirección: Guillermo Arias-Carbajal. Guión: Chisco&Guille. Produción: TuperiaPelículas. Fotografía: Héctor Bao. Intérpretes: Roberto Luna Sánchez, Barbara Grandío, César Cambeiro. Duración: 18 minutos.  
Simón sortea obstáculos no seu camiño cara ao suicidio, pero nunca contou con que a Morte llo vaillo pór difícil.

Categoría: Novas
Etiquetas: