O martes 15 e o mércores 16 do presente mes de maio levaranse a cabo as proxeccións dos ganadores dos IV Premis Gaudí, que recoñecen a labor dos mellores profesionais do cinema en Cataluña, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O acto entra dentro da habitual colaboración que manteñen dende hai xa tres anos a Acadèmia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual. Mañá martes, ás 20.30 horas, terá lugar a presentación do acto coa presencia de Guillermo Escrigas, director do CGAI, e Xaime Arias, vogal da Academia Galega do Audiovisual.

Entre as proxeccións, cabe destacar a presencia de obras premiadas a nivel internacional, como é o caso de Chico y Rita, de Fernando Trueba, Javier Mariscal e Tono Errando, e o film Eva, de Kike Maíllo.

A maiores, cabe recordar que no vindeiro mes de xullo terá lugar a exhibición das obras dalgúns dos gañadores dos Premios Mestre Mateo, que premiaron as mellores películas e obras audiovisuais dos creadores galegos hai algunhas semanas na cidade da Coruña. 

A continuación, relatamos os horarios das proxección do martes 15 e o mércores 16:

Martes 15 de maio

18.15 “BARCELONA, ABANS QUE EL TEMPS HO ESBORRI”, dirixida por Mireira Ros, premiada na categoría de mellor Película Documental.

20.30 “CHICO Y RITA”, de Fernando Trueba, Javier Mariscal e Tono Errando, gañadora nas categorías de Película de Animación e á Música Orixinal de Bebo Valdés.

 

Mércores 16 de maio

18.15 “14 D´ABRIL, MACIÀ CONTRA COMPANYS”, de Manuel Huerga, que gañou á mellor Película para Televisión.

20.30 “EVA”, de Kike Maíllo, gañadora nas categorías de Película en Lingua Non Catalana,  mellor Actor Secundario para Lluís Homar, mellor Dirección Artística para Laia Colet, mellor Fotografía para Arnau Valls Colomer e mellores Efectos Especiais/Dixitais para Arturo Balseiro, Lluís Castell e Javi García.