O CGAI HOMENAXEA Á MOSTRA DE VIDEOARTE IVAHM

15 / 06 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe celebra mañá sábado día 16 de xuño (18.00 horas) unha sesión homenaxe á Mostra de videoarte IVAHM, iniciativa organizada polos galegos Francisco Brives, Néstor Prieto e Teresa Palacio. A sesión será presentada por esta última. A entrada é de balde. MOSTRA IVAHM     

Unha iniciativa liderada polos galegos Néstor Prieto e Francisco Brives. IVAHM 2012, unha curatoría de videoarte e cine experimental, procedente do Congreso IVAHM celebrado en Madrid os días 8, 9 e 10 de xuño. A mostra está formada por pezas de artistas colombianos e israelís. Unha programación que vén coordinada pola comisaria e artista visual Liliana Orbach <http://www.facebook.com/profile.php?id=1638211581> e o director -xunto a Lea Mauas- da residencia artística Mamuta, Diego Rotman (pola parte israelí) e Javier Alvárez Galeano  (director Festival Cinetoro) e Andrés Cuartas (director do programa de televisión La tostadora) pola parte colombiana.  
A mostra componse de dous bloques de traballos precedidos dunha presentación do IVAHM e un coloquio final.
Duración: 90 minutos.
Retrospectiva de la obra de Liliana Orbach.
“Definiciones, acordes y disonancias”

Art House Madrid:
Retorno – Darshi Velasco (Colombia)
Muphen – Demirel Süleyman (Turkía)
Blanche-Neige est déçue – Fred Joyeux (Francia)
Interpretation of Warhol´s Mrilyn – Barbara Matas (España)

Categoría: Novas
Etiquetas: