O CGAI ACOLLE HOXE DÚAS PROXECCIÓNS VINCULADAS AO FREAKEMACINE

18 / 09 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe celebra hoxe mércores día 18 de setembro dúas proxeccións acompañadas de presentación e vinculadas ao ciclo Festival Freakemacine. Na primeira sesión (18.15 horas), o documental Contrae l tiempo de José Manuel Serrano Cueto, intervén o actor Antonio Mayáns. Na segunda sesión (20.30 horas), o historiador e escritor cinematográfico Carlos Aguilar presenta o seu libro editado en Cátedra sobre o cineasta italiano Mario Bava (1914-1980), titulado Mario Bava. O acto completa a proxección do filme de Bava La máscara del demonio (1960). A entrada é de balde.

CONTRA EL TIEMPO

(España, 2012)

Dirección: José Manuel Serrano Cueto. Guión: Montse Gómez e José Manuel Serrano Cueto. Produción: Carlos Taillefer para Utopía Films. Fotografía: Jesús Haro e Jokin Pascual. Duración: 91 minutos.  
Documental sobre a h
istoria dos actores en España, toda unha tradición. Un actor mozo, Antonio Mora, desexa coñecer actores con experiencia, non moi sonados. Tenta aprender do intérprete como traballador, non como estrela dos medios. Solicita axuda a un amigo xornalista e este vaino pór en contacto con algúns nomes destacados, sobre todo da época das coproducións de xénero. Aparicións de xentes como Antonio Mayans, Lone Fleming, Claudia Gravi, Mirta Miller, Aldo Sambrell, Frank Braña, Jack Taylor, Mabel Escaño, Ricardo Palacios ou Eduardo Fajardo.    
 
LA MASCHERA DEL DEMONIO / LA MÁSCARA DEL DEMONIO   
(Italia, 1960)
Dirección e fotografía: Mario Bava. Guión: Mario Bava, Ennio De Concini, Mario Serandrei e Marcello Coscia, sobre o relato El Viyi de Nikolai Gogol. Produción: Galatea Film e Jolly Film. Intérpretes: Barbara Steele, John Richardson. Duración: 87 minutos.  
Na época medieval, dous amantes son condeados a morte por practicar a bruxería. Séculos despois, uns viaxeiros abren os seus ataúdes e lles retiran as máscaras que lles cubren as súas faces. Os bruxos voltan á vida. Logo de codirixir o seu autor varios traballos, unha das grandes óperas primas da historia do cine, unha peza magna onde confluén a sensualidade e o sentido estético de Mario Bava. Cineasta de obra concentrada no tempo e exemplar en execución e influencia –reveladora a impresionante apertura de camiños que representa, dende Terror en el espacio (1965) a Bahía de sangre (1971), pasando por La muchacha que sabía demasiado (1963) ou Diabolik (1968)-, axuda a lanzar neste caso o terror gótico á italiana e un tipo de personaxe, unha muller diabólica –interpretada pola inesquecible Barbara Steele- insólito.

Categoría: Novas
Etiquetas: