O Centro Interactivo de Educación Ambiental “Naturnova” de Novacaixagalicia organiza, por quinto ano consecutivo, o ciclo “Cinema e medio ambiente 2011″, que se desenvolverá no Auditorio do Centro Social da entidade financeira en Vigo (c/ Velázquez Moreno, 18) do 5 de outubro ao 6 de novembro. O ciclo intégrano cinco documentais sobre a natureza ou o medio ambiente.

 

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 st1\:*{behavior:url(#ieooui) } /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

Arrincará co obra sobre o mundo dos insectos Microcosmos, de Marine Pérennou e Claude Nuridsany, que se exhibirá os días 5 e 9 de outubro. O 12 e 16 de outubro tocaralle  a quenda a El viaje de la tortuga, de Nick Stringer; o 19 e 23 de outubro, a Garbage Dreams, de Mai Iskander; o 26 e 30 de outubro, a Flysh, el susurro de las rocas, de Alberto J. Gorritiberea e Asier Hilario; e o 2 e 6 de novembro, a Cambio de sentido, de Sergio García de Leániz e Vicente Pérez. As proxeccións serán os mércores citados ás 20:30 horas, e os domingos ás 19:00 horas, e o prezo da entrada será de 2 euros (3 euros coa entrada a Naturnova incluída).