CELÉBRASE EN OURENSE UN CURSO DE VERÁN DA UNIVERSIDADE DE VIGO SOBRE O DIÑEIRO E O DEPORTE NO CINE

13 / 09 / 2012

No marco dos cursos de verán 2012 da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, os días 13, 14, 15, 20 e 21 de setembro vaise celebrar o curso “Deporte, empresa e sociedade. Moneyball (diñeiro e deporte no cine)”, organizado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, que combinará proxeccións de películas con charlas e mesas redondas.

O xa tradicional curso “Deporte, empresa e sociedade” organizado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo no Campus de Ourense leva por subtítulo, na que será a súa décima edición, “Moneyball (diñeiro e deporte no cine)”, e terá a dito filme, Moneyball, como eixo vertebrador. Durante o seu desenvolvemento, no Salón de Grados do Edificio Xurídico-Empresarial de dito Campus, proyectaranse diversas películas relacionadas co tema. Así, aparte do citado título de Bennett Miller, ambientado no mundo do béisbol, poderanse ver outros de temática deportiva como Elegidos para el triunfo (sobre o bobsled), Mistery Alaska (en torno ao hockey sobre xeo), Titanes: hicieron historia (sobre o fútbol americano), e Sea Biscuit (en torno ás carreiras de cabalos).

As proxeccións complementarán os temas que se abordarán nas ponencias e mesas redondas programadas, nas que intervirán persoas procedentes da administración, universidades ou institucións deportivas. En concreto, as charlas correrán a cargo de Plácido Rodríguez, J.A. Vázquez Barquero, Ignacio Urrutia, Vassiliki Avgenirou e Santiago Areal; e nas mesas redondas participarán todos os citados, así como Angel Barajas, Patricio Sánchez, José Antonio Fraiz ou Rodrigo Alberte. Cada xornada do curso de verán comezará ás 16:00 horas cunha conferencia, e continuará cunha mesa redonda ás 17:30 horas, e cunha proxección ás 19:00 horas. Como peche, cada día haberá un coloquio.

Categoría: Novas
Etiquetas: