CÁSTING DE MAIORES PARA “PADRE CASARES”

24 / 05 / 2011

“Padre Casares” busca un home de entre 60 e 90 anos para un papel nun capítulo da ficción. Trátase dun personaxe que só participará nunha única entrega da serie, e o traballo é remunerado. As probas de selección terán lugar o venres en A Coruña.

Búscase varón entre 60 e 90 anos, de complexión delgada e con ganas de saír na televisión. Non fai falla ter ningunha experiencia previa. As probas serán este venres 27 de maio en A Coruña, nas instalacións de Voz Audiovisual (C/ Gambrinus 97 – Polígono da Grela), en horario de 10 a 2 e de 3 a 5. Para cualquera dúdida, pódese chamar ao teléfono 629 61 33 76 e preguntar por Ana.

 

Novena tempada

Os novos capítulos de Padre Casares, correspondentes á novena tempada da serie, grávanse xa nos decorados de Voz Audiovisual, en A Coruña.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: