CÁSTING DE MAIORES PARA “PADRE CASARES”

29 / 06 / 2011

“Padre Casares” busca un home, de entre 70 e 100 anos, para un papel nun capítulo da ficción. Trátase dunha personaxe que só participará nunha única entrega da serie, e o traballo é remunerado. As probas de selección terán lugar este venres, en A Coruña.

Búscase un varón de entre 70 e 100 anos e con ganas de saír na televisión, haberá que presentarse a esta selección. Non fai falla ter ningunha experiencia previa. As probas serán este venres 1 de xullo, en A Coruña, nas instalacións de Voz Audiovisual (C/Gambrinus 97 – Polígono da Grela), en horario de 10.30 a 13.30 horas. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 629 61 33 76 e preguntar por Ana.

 

Nova tempada

Os novos capítulos de Padre Casares, correspondentes á novena temporada da serie, grávanse nos decorados de Voz Audiovisual, en A Coruña.

A ficción, que leva xa 3 anos en antena, como líder de audiencia en Galicia na súa franxa de emisión, despedíase dos seus fans o pasado mes de abril. Xa son oito as tempadas emitidas, 114 os capítulos estreados e un récord de audiencia por capítulo do 36.4%.

Categoría: Novas
Etiquetas: