CÁSTING DE FIGURACIÓN PARA “PADRE CASARES”

8 / 09 / 2011

“Padre Casares” busca figurantes para a décima tempada da serie, cuxa gravación comezará a próxima semana. A produtora seleccionará persoas de todo tipo, idade e características físicas, para figurar nos novos capítulos. As probas de selección terán lugar este venres en A Coruña.

Ademais deste cásting xeral, ao que se pode presentar calquera persoa, con ou sen experiencia diante das cámaras, a produtora busca unha muller para un papel moi especial.

Trátase dunha moza de entre 23 e 35 anos. Debe ser unha persoa con notable atractivo físico e exuberancia. Ten que tocar a guitarra e, neste caso, valorarase que teña experiencia no sector.

Para ambos cástings, as probas terán lugar este venres, 9 de setembro, nas instalacións da produtora, Voz Audiovisual, en A Coruña (c/ Gambrinus, 97, Polígono de A Grela). O horario é de 10 a 14 e de 15 a 18 horas, e non é necesario chamar antes para pedir cita.

Para aqueles que non poidan acudir ás probas e queiran participar no casting, poden enviar alo menos 3 fotografías de cara e corpo enteiro, acompañadas dos seus datos persoais e  experiencia á dirección de correo electrónico: ana.fontan@vozaudiovisual.com.

Categoría: Novas
Etiquetas: