CASTING DE FIGURACIÓN PARA MATALOBOS

4 / 10 / 2011

Recentemente estreada a terceira tempada da serie, este martes na Televisión de Galicia, o equipo de “Matalobos” segue traballando na gravación da cuarta etapa, que se emitirá na TVG no 2012. E, para a recta final, a produtora busca persoas de todos os perfís, principalmente homes, de entre 30 e 50 anos, para colaborar como figurantes.

O cásting está aberto a todo tipo de persoas, con ou sen experiencia ante as cámaras, de tódalas idades e complexións físicas.

Ademais deste cásting xeral, o equipo selecciona candidatos dun perfil moi determinado, para un papel especial: homes colombianos ou que poidan pasar por colombianos, e con certa experiencia en interpretación.

As probas celebraranse este xoves, 6 de outubro, en Voz Audiovisual (Calle Gambrinus, 97, polígono A Grela, A Coruña); en horario de 9:00 a 15.30 horas. Para presentarse á selección non é necesario chamar antes, basta con acudir á cita e estar en situación de poder ser contratado (documentos en regra).

 

Categoría: Novas
Etiquetas: