CASTING DE FIGURACIÓN PARA PADRE CASARES

4 / 05 / 2011

”Padre Casares” busca figuración para a novena tempada da serie, cuxa gravación comezará este mes. A produtora Voz Audiovisual seleccionará persoas de todo tipo, idade e características físicas para figurar entre os novos capítulos, que comezarán a emitirse en setembro. As probas de selección terán lugar mañá xoves día 5 e o venres en Ares e A Coruña.

¿Quere asistir a unha misa oficiada polo padre Horacio Casares? ¿Gustaríalle formar parte do coro de Santo Antonio de Louredo, ou tal vez manifestarse baixo a balconada do seu concello? A parroquia de Louredo precisa feligreses e o concello novos veciños.

A produtora busca todo tipo de figuración, de tódalas idades e características; con e sen texto. Calquera veciño que queira saír na serie pode achegarse aos castings, que se celebrarán esta semana.

O primeiro será mañá xoves na Casa da Xuventude de Ares (C/Real 81, en fronte ao antigo concello), en horario de 11 a 14.30 e de 16 a 18. Trátase dun casting aberto a tódalas idades, con ou sen experiencia.

O venres 6 de maio, as probas terán lugar en A Coruña, nas instalacións de Voz Audiovisual (C/Gambrinus 97 – Polígono da Grela), en horario de 10.30 a 14.30 e de 16 a 19 horas. Neste caso, a convocatoria é só para maiores de idade, tamén con ou sen experiencia.

A parte deste casting aberto, esta tempada o equipo de Padre Casares está buscando un perfil concreto, para unha figuración especial. Un varón de raza negra e idade comprendida entre os 20 e 40 anos. Neste caso, valorarase calquera tipo de experiencia.

 

Aquelas persoas interesadas en participar na serie pero que non poidan acudir ás probas de selección, poden envia-los seus datos persoais e dúas fotografía (corpo enteiro e cara) á dirección ana.fontan@vozaudiovisual.com

Categoría: Novas
Etiquetas: