CASE 50.000 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS NOITES DE CINE 2011 NA PROVINCIA DE A CORUÑA

28 / 10 / 2011

Case 50.000 espectadores asistiron ás proxeccións en 35 mm. ao aire libre da 21ª edición de Noite de Cine, unha actividade que organiza IB Cinema para a Deputación de A Coruña, e que este ano percorreu, entre xullo e setembro, máis de 40 localidades da provincia galega.

Esta 21ª edición do programa itinerante Noite de Cine, posto en marcha pola Diputación coruñesa para fomentar a exhibición de cine en 35 mm nun ámbito festivo como son as sesións ao aire libre, conmemorou co seu cartel o Ano Internacional dos Bosques da ONU e exhibiu, con motivo desa conmemoración, o clásico da animación dos estudios Ghibli Mi vecino Totoro, de Hayao Miyazaki. No que respecta ao resto de títulos que conformaron este ano a proposta, abarcou dende filmes que combinaron os premios coa excelencia técnica e os grandes resultados en taquilla, como Avatar, de James Cameron, ou a animada Up, de Disney/Pixar, ata producións españolas como Agora, de Alejandro Amenábar, ou a oscarizada coprodución con Arxentina El secreto de sus ojos, de Juan José Campanella.

O cine galego estivo representado por Los muertos van deprisa, de Angel de la Cruz, e La noche que dejó de llover, de Alfonso Zarauza. Por último, presentáronse tres versións cinematográficas de libros orientados ao público infantil e xuvenil: Kika Superbruja y el libro de los hechizos, Luna nueva e Corazón de tinta. O promedio de espectadores por sesión foi, segundo IB Cinema, de 200 persoas. En muchos concellos, principalmente costeiros ou con carpa en propiedade, a afluencia superou nalgúns casos as 500 persoas.

Categoría: Novas
Etiquetas: