CARLOS HERRÁN, DIRECTOR DE PROGRAMACIÓN DE AXN, ESTARÁ NO MPXA

13 / 12 / 2013

O mércores 18 de decembro, Carlos Herrán, director de programación de canles de Sony Pictures TV en España e Portugal, analizará os contidos e as grellas de programación das canles temáticas no Máster en Produción e Xestión Audiovisual, título propio da Universidade da Coruña que organiza a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Herrán ofrecerá unha panorámica da evolución do negocio da televisión de pago ata a era Internet 2.0, a convivencia entre a TDT e a televisión de pago, e a aparición das plataformas televisivas. Ademais, abordará o cambio no consumo televisivo e o desenvolvemento dunha televisión á carta nun escenario multicanle, dixital e interactivo.

Carlos Herrán ocupa dende hai 12 anos o cargo de director de programación de Sony Pictures TV en España e Portugal, que leva as canles AXN, AXN White y Animax, e onde puxo en marcha seis canles (tres para España etres para Portugal). Anteriormente foisubdirector doutras canles temáticas como Tribunal TV, Canal Cocina para Vía Digital e Ella TV, ademais de responsable de contidos de Canal C (de Canal Satélite Digital).

Categoría: Novas
Etiquetas: